⋅REHABILITACIÓN DA PANIFICADORA DE VIGO⋅

A Panificadora de Vigo está constituída por un variado grupo de edificacións que foron construídas en diferentes anos e moitas das cales sufriron modificacións e ampliacións. Esta evolución proporciona riqueza e diversidade ao conxunto. Un dos principais obxectivos do proxecto é deixar patente a diferenza entre os edificios orixinais e as novas intervencións, aspirando a ser nada más que unha fase más no proceso de evolución do conxunto.

Intervención

Considérase necesaria a substitución das cubertas e pasarelas. Os diferentes volumes contan con dous tipos de cubertas: cubertas inclinadas con revestimento de tella cerámica e cubertas planas inundables. Parte das cubertas indicadas foi destruída polo lume, mentres que as restantes atópanse en estado de ruína. As cubertas planas inundables non tiveron ningunha clase de mantemento durante estas últimas décadas, polo que se atopan cubertas de vexetación. As pasarelas están constituídas for finas lousas de formigón armado que non cumprirían cos requisitos actuais de seguridade e tamén están gravemente deterioradas tras décadas de abandono. Dado que un dos principais obxectivos do proxecto é a diferenciación dos novos elementos e os volumes orixinais, as novas cubertas semellarán levitar sobre os edificios e as novas pasarelas semellarán non tocar as fachadas.

O edificio conta con dez silos que están conectados na súa base por un túnel. Sobre os catros silos orixinais hai un espazo que serve de miradoiro de toda a cidade. Este espazo superior está conectado a nave central mediante unha pasarela. O proxecto busca destacar este miradoiro e facelo accesible ao público. No espazo entre os silos instalarase un ascensor panorámico que conectará o miradoiro co espazo público aberto.

Usos

Respecto dos usos, a nave principal acollerá unha biblioteca pública conectada coa rede universitaria e que así mesmo dará servizo a tódolos cidadáns. Este espazo está vinculado aos silos, que albergarán o arquivo municipal e diversas salas de estudo e investigación. Os edificios da rúa Falperra destinaranse a unha residencia universitaria e a nave de almacén converterase nun centro gastronómico.

⋅VER MÁIS⋅

⋅CONTACTO⋅

Planos, bocetos e fotografías da Panificadora
Caderno de bocetos da proposta
Vista axonométrica da intervención
Seccións e fotografías do proxecto
Planos de planta e sección da intervención

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.