⋅ SOBRE MÍN ⋅

BIANCA FERNÁNDEZ DÍAZ

Cando era cativa, adoitaba marchar sen mirar atrás, absolutamente fascinada polo mundo ao meu arredor e ansiosa por exploralo. Dende moza, satisfixen a miña inquietude somerxéndome en libros que me transportaban a lugares remotos. Anos máis tarde, obtiven diferentes becas que me permitiron viaxar a outros países e convivir con familias nativas e estudantes estranxeiros. As miñas viaxes non só contribuíron ao meu crecemento persoal, senón que tamén espertaron o meu interese pola arquitectura.

Estudei arquitectura na universidade de Alcalá, obtendo a miña titulación no ano 2017. Nunha ocasión, durante a miña etapa universitaria, un profesor díxome con total fascinación que os meus cadernos eran o refuxio dun tolo. A pesar da súa aparencia caótica, son os meus debuxos os que dan orde e sentido ás miñas ideas, e constitúen a miña principal ferramenta de deseño. Ademais da arquitectura e o debuxo, apaixóname a literatura e a escritura. Compaxinei os meus estudos de arquitectura co estudo de linguas estranxeiras, obtendo o «Cambridge Certificate in Advanced English» [grade A], equivalente ao nivel C2 segundo o CEFR. Na actualidade continúo ampliando os meus coñecementos de francés e alemán.

Dende fai máis de oito anos, traballo como arquitecta, desenvolvendo a miña actividade profesional dende Tui, Galiza. A miña aparencia tranquila e introvertida, contrasta coa miña mente inquieta e ansiosa por aprender, crear e emprender novos proxectos.

⋅VER MÁIS⋅

⋅CONTACTO⋅

⋅VER MÁIS⋅

⋅CONTACTO⋅

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.